miércoles, 19 de febrero de 2014

A IMPORTANCIA DA PUBLICIDADE PARA AS EMPRESAS


Para as empresas é importante ter unha boa publicidade porque así a xente que a vexa irá comprar ese produto. Non obstante se a publicidade ten unha mala presentación e non convence a xente, ésta non irá a comprar ese produto e a empresa non terá beneficio.

UN EXEMPLO CONCRETO:
 







O anuncio anterior é unha boa publicidade da empresa  porque atrae a xente, aparte Gadis xa fixo máis anuncios anteriores e se non lle saíra ben non seguiría facendo máis. É unha cadea de supermercados e con este anuncio o que está intentando vender é o supermercado e transmitir unha idea á xente que o ve. Esa idea é que os galegos podemos con todo aínda que esteamos en crise, seguimos a diante  e que ninguén nos saca a alegría que temos. 
Este anuncio acostuma emitirse na televisión cando a familia está reunida, por exemplo nas horas de comer e sobre todo botárono en nadal  porque é cando a xente está máis xunta e sensible. 
Este anuncio ten música nova e tamén música coñecida: a música coñecida é a de vivamos como galegos. Neste vídeo a gaiteira é unha persoa coñecida que é Susana Seivane. 
En concreto este anuncio ten dous slogans que son Vivamos como galegos  e se Chove que chova. O anuncio vai dirixido a todas as idades pero especialmente a xente adulta porque son os que máis comprenden este anuncio e tamén o que din as señoras na perruquería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario