FICHA TÉCNICA
-Director: Peter Cataneo
-Año: 1997
-Duración: 91 minutos
-País: Reino Unido
-Reparto: Robert Carlyle, Mark Addy, William Snape, Steve Huison, Tom Wilkinson, Paul Barber, Hugo Speer.
-Resumen: Esta película trata dun home chamado Gaz que estaba en paro e tamén estaba separado. Tiña un fillo chamado Nathan que vivía coa nai ainda que ía algunha vez a xunta del. Nathan avergoñabase de seu pai, Gaz, polas parvadas que facía e polo feito de que cando quería ter algo roubábao porque non tiña diñeiro. A súa exmuller díxolle que lle tiña que dar os cartos da pensión do fillo e que como non llos dera non llo deixaría ver máis. Entón Gaz propúxose buscar traballo e encontrar cartos o antes posible. Un día que estaba paseando co seu fillo pola estrada viu un bar que estaba cheo de mulleres porque había homes que bailaban e se espían. Entón ocorréuselle a idea de que el podía facer o mesmo ca eles e decidiu buscar xente que estivera en paro e montar esa actuación. Día a día Gaz foi atopando homes que estaban en paro pero cada un cunha situación económica diferente. Un día empezaron a ensaiar, a botar cremas, a ir ao solarium da casa dun deles e a facer exercicio para poñerse guapos. Tamén estiveron ensaiando o baile varios días pero tiveron algunhas situacions problemáticas e ata estiveron no cárcere. Ao final acabaron bailando , pasárono ben e as mulleres estiveron contentas véndoos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario